xoves, 25 de setembro de 2014

RELACIÓN DE NENOS ANOTADOS Á ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES QUE SE FAN NO COLEXIO

Por favor avisade se hai algún erro, se falta algún neno/a por anotar, se o final non vai asistir á actividade, o que sexa. Recordarvos que para participar nas actividades extraescolares hai que estar ao corrente nos pagos e ter pagada a cuota de socio da Anpa e do seguro escolar.

BAILE

4ºInfantil
Carla Pereira
Gabriela Tudose
Nahiara Davila

5º Infantil
Noa García
Leire Graña
Noelia Fernández
Leire Pereira
Dari Leidy

6ºInfantil
Jonay Rodríguez

1º Primaria
Raquel Taboada

2º Primaria
Félix Gabriel

5º Primaria
Blanca González
Candela Franco



MULTIDEPORTE

4ºInfantil
Olivia García
Nahiara Davila
Jimena López

5º Infantil
Nico López
Noelia Silva
Noa García

6º Infantil
Jonay Rodríguez
Julia Catija


FÚTBOL SALA

1º Primaria
Lucas Pinto
Alejando Acosta
Nain Rivas

2º Primaria
Raúl González
Félix Gabriel

3º Primaria
Marcos González
Isa Lorenzo

4º Primaria
Soraia Barbosa

5º Primaria
Brais Graña
Gabriel Laurentin

martes, 23 de setembro de 2014

PUBLICIDADE

REMITÍMOSVOS UNHA INFORMACIÓN QUE NOS ACHEGARON Á ANPA A TRAVÉS DE FOANPAS POR SE FORA DE INTERESE PARA ALGUNHA FAMILIA.
 
 
 
MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ
 

xoves, 18 de setembro de 2014

ASÓCIATE!!!

E para as familias que inda non vos fixestes socios da ANPA vos animamos a que o fagades. Lembrade que a ANPA organiza a excursión dos nenos que rematan no colexio;  xestiona a aula matinal, o comedor e as actividades extraescolares; colabora cos mestres en diferentes celebracións coma o Nadal, convivencias…; organiza a festa de fin de curso para os nenos con inchables, festa de escuma ou as piscinas; e organiza un banco de libros coa participación de moitas familias co conseguinte aforro en material escolar.

TODOS OS PAIS/ NAIS ESTADES CONVIDADOS A PARTICIPAR, COLABORAR, SUXERIR, APORTAR…

GRUPOS DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES


Informámosvos de que xa se formaron os grupos mínimos para as actividades extraescolares de Natación, Baile moderno, Fútbol Sala e Multideporte e vos animamos a que vos sigades anotando.
Inda estades a tempo ata este venres!
A separación por idades dalgunhas das actividades non é estricta, é dicir, inda que a actividade de multideporte está diseñada para os nenos/as de infantil, por suposto os nenos de 1º de primaria serán benvidos; ao igual coa de fútbol sala, que inda que se dirixe aos nenos/as de Primaria, un neno/a de 6º de Infantil futbolero/a de seguro que a disfrutará.
Podedes xa entón empezar a pagar a cuota destas actividades no local da ANPA ou a través do banco.  
 
                                                                           Nº Conta ANPA
  “Banco de Santander” 
0049 6191 52 2416027776
 
NO CONCEPTO INDICADE O NOME DO NENO, A ACTIVIDADE OU ACTIVIDADES E O MES
 
 
 
 
 
 

mércores, 17 de setembro de 2014

AVISO PARA A ACTIVIDADE DE NATACIÓN


 

Como sabedes a actividade de natación realizámola en colaboración co Concello de Vigo a través do IMD (instituto Municipal de Deportes) que impón as súas condicións e prazos. Nestes días enviáronnos unha folla de inscripción que deberedes traer cuberta. Para a semana que ven temos que entregar os listados completos e ter abonado as cuotas polo que vos pedimos que cubrades a folla e paguedes a cuota antes do venres 26 de setembro. Tendes copias da folla de inscripción no local da ANPA e tamén daremos unha copia ao cole para que llas reparta aos nenos que temos anotado para natación. Podedes pagar os dous cuatrimestres se queredes. Non levaremos as inscripcións dos nenos que non teñas pagada a cuota. Non se admitirán inscripcións de nenos de familias non socias da ANPA ou con débedas de cursos anteriores. Recordade que as familias son as encargadas de levar e recoller aos nenos/as e de axudalos a cambiarse nos vestiarios se así o precisase.

luns, 15 de setembro de 2014

AVISOS DE COMEDOR

Recordar aos bolseiros de comedor que teñen que pasar por secretaría a asinar o documento para acceder á beca. Ademáis redordar que os bolseiros do comedor ao igual que os outros usuarios de comedor non bolseiros, teñen que facerse socios da Anpa e pagar o seguro escolar xa que se trata dun servizo xestionado pola ANPA do colexio.

Os nenos que ao final do curso anterior anotáronse para comedor e que non están vindo estes días, agradeceríamos avisaxen de se van vir este mes ou se comezan para o mes ou se é que non van usar o comedor, porque se están pedindo menús para nenos que non están quedando.

Por outra banda, recordar que inda que non se empregue o servizo de comedor, aula matinal ou actividades extraescolares hai outras razón polas que se facer socio da ANPA. Quizáis porque nalgún momento podes precisar destes servizos; porque a ANPA colabora na organización da excursión de fin de curso de 5º e 6º, na festa de final de curso, nas celebracións de Nadal...;  porque a ANPA somos todos/as, pais e nais que xuntando forzas contribuímos ao enriquecimento e mellora da educación dos nosos fillos e fillas. Por todo isto , animámosvos a que vos asociedes.


xoves, 11 de setembro de 2014

NORMAS COMEDOR CURSO 2014/2015


DÚBIDAS E ACLARACIÓNS

Ola! Aquí van resoltas algunhas das dúbidas e consultas que nos estades a facer. Tamén algún recordatorio e aclaración.

Na nota de actividades extraescolares non vai o prezo da actividade de natación. Disculpade, foi un erro. O prezo é de 29,60 euros o cuatrimestre, para 1 día a semana. O doble por cuatrimestre se os apuntades os dous días a semana, luns e xoves. O primeiro cuatrimestre abrangue outubro, novembro, decembro e xaneiro. O segundo cuatrimestre: febreiro, marzo, abril e maio.

Respecto ao comedor lembrade pagalo antes do 5 de cada mes. Onte, primeiro día de clase faltaron bastantes nenos a comedor que non avisaron; lembrade que se non vai vir o neno ao comedor  hai que avisar con antelación, como moi tarde o mesmo día antes dan 9 da mañá para avisar a Serunión.

Estamos tendo problemas cos pagos que estades a facer por transferencia polo banco xa que non especificades ben o concepto. Tendes que indicar o nome do neno cos seus apelidos (non o voso) e a razón do ingreso co mes correspondente. Por exemplo:
Miguel Pérez Ruíz Comedor setembro
Julia Monedero Castro Baile outubro
Luis Correa Durán Aula Matinal setembro



domingo, 7 de setembro de 2014

PROPOSTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2014/2015

NATACIÓN. Dirixido ao alumnado de Infantil e Primaria. Realízase na piscina de Lavadores. Os nenos teñen que ir pola súa propia conta cun adulto. Luns e /ou xoves de 16 a 16:45. Prezo: 29,60 por cuatrimestre. (1ºcuatrimestre: outubro, novembro, decembro e xaneiro; 2º cuatrimestre; febrero, marzo, abril e maio)

 PINTURA, DEBUXO E MANUALIDADES. Dirixido ao alumnado de Infantil e Primaria. Os mércores de 16 a 17:30. Prezo: 15 euros. Impartido polo artista José Miranda. Nesta actividade preténdese que os rapaces aumenten a súa creatividade artística, aprendan a ver o mundo que os rodea e o expresen dunha forma orixinal e persoal. Empregarán diferentes técnicas (pastel, collage, acrílico…) e viaxarán polo tempo para visitar  artistas (Picasso, Monet, Van Gogh, Miró, Warhol) e diferentes movementos (impresionismo, cubismo, pop art…), sempre dunha maneira práctica, amena e divertida.

BAILE MODERNO. Dirixido ao alumnado de Infantil e Primaria. Luns de 16 a 17 horas. Prezo: 10 euros / mes.  Impartido por Nati, pertencente a Escola de Baile Bambalina. Os nenos divertiranse a aprenderán a bailar coas coreografías das cancións que máis lles gustan. 

FÚTBOL SALA. Dirixido ao alumnado de primaria. Martes de 16 a 17 horas. Prezo: 15 euros / mes. Iniciación ou perfeccionamento técnico e táctico, mellorando o rendemento físico e o concepto de equipo motivando a neno a través da diversión e participación. Impartido por María, cunha ampla experiencia deportiva, chegando a formar parte da selección galega absoluta de fútbol e fútbol sala; actualmente, exerce coma a 1ª adestradora da selección sub-12 de Vigo no Campionato galego e coma 2ª adestradora da selección galega de fútbol -8 e sub-12 femenino, no Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

MULTIDEPORTE. Dirixido ao alumnado de Infantil. Xoves de 16 a 17 horas. Prezo: 15 euros / mes. Práctica de diferentes deportes, desde un enfoque totalmente lúdico, proporcionando o coñecemento de moitos deportes diferentes e evitando a monotonía que esixe a práctica dun só. Ensinaránselles os conceptos básicos daqueles deportes máis comúns (fútbol, hockey, balonmán…) e doutros menos frecuentes (béisbol, rugby, dardos…), sempre a través da diversión, motivación e afectividade.  Impartido tamén por María, a adestradora de fútbol sala.

 
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
BAILE MODERNO
INF. E PRIM.
16- 17
10 EUROS
--------------------------

NATACIÓN
INF. E PRIM.
16-16:45
FÚTBOL SALA
PRIMARIA
16-17
15 EUROS
PINT., DEBUX., MANUALIDAD.
INF. E PRIM.
16- 17:30
15 EUROS
--------------------------------
 

MULTIDEPORTE
INF.
16-17
15 EUROS
----------------------------

NATACIÓN
INF. E PRIM.
16 - 16:45







 Os nenos poderán anotarse a todas as actividades que así o desexen. As actividades comezan en outubro.A data límite para anotarse é o venres 19 de setembro. Horario de atención da ANPA: luns, martes e mércores de 9 a 9: 30. O pago realízase nos primeiros días de cada mes no local da Anpa ou preferiblemente, por domiciliación bancaria, especificando no concepto o nome da actividade e do alumno . Nº de conta: 0049 6191 52 2416027776. Se algún neno quere darse de baixa nalgunha actividade deberá avisar con antelación, antes do día 20 do mes anterior.

Nos primeiros días de cole mandaremos aos nenos a folla de inscripción. Tamén podedes pedila no local da ANPA.

mércores, 3 de setembro de 2014

REUNIÓN INFORMATIVA DE INFANTIL PARA ESTE CURSO 2014 / 2015

O 8 de setembro, o profesorado do centro celebrará unha reunión cos pais e titores do alumnado de Educación Infantil ás 10 da mañá.

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA PRIMARIA

Na web do cole colgaron o mércores 3 de setembro o listado de libros de primaria para este curso 2014/2015.
Podedes consúltalo aquí.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalleinclanvigo/?q=node/270