mércores, 26 de novembro de 2014

ACTIVIDADES DA ANPA PARA DECEMBRO


MÉRCORES 3 DE DECEMBRO: Contacontos a cargo do Señor Gravata Torta, de 16 a 17 . Prezo: 1 euro por neno/a. Para nenos de Infantil e de 1º de Primaria.

 https://www.facebook.com/pages/O-Se%C3%B1or-Gravata-Torta-Contacontos/161521780612873?fref=ts






MARTES 9 E MÉRCORES 10 DE DECEMBRO: Obradoiro de respostería creativa, dúas galletas e dous cupcakes, con temática navideña. Plazas limitadas, 15 nenos/as cada día. Plazo para anotarse o  venres 5 de decembro. Prezo: 7 euros. Para todos os cursos. De 16 a 17:30.

https://www.facebook.com/pages/Valentina-Ideas-Dulces/302075196669733?fref=ts




MÉRCORES 17 DE DECEMBRO: Obra de teatro a cargo da Compañía Teatro Estepario que representarán "Teddy Bear". De 16 a 17:30. Para todos os cursos. Prezo: 2 euros.

http://teatroestepario.blogspot.com.es/

 
 
Coma sempre, as actividades que organizamos os país e nais a través da Anpa, están dirixidas a nenos e nenas de familias socias da Anpa, que está cubertos polo seguro escolar anual.

NOTA ACLARATORIA

Dende o centro nos comentan que algún pai/nai pregunta porqué as actividades que a ANPA organiza( obradoiros de repostería, jumping clay, etc), son solo para os nenos de familias socias. Dende a ANPA aclarar este aspecto que o xustificamos polo seguro escolar que a ANPA ten contratado e que abrangue todas as actividades que organiza: aula matinal, comedor e as actividades extraescolares, sexan puntuais ou periódicas. Este seguro é persoal, con nome e apelidos, e cubre ao neno/a no acontecido durante estas actividades. Fóra do horario lectivo, de clases, os nenos /as que están no colexio, é porque están nalgunha actividade organizada pola ANPA, xa sexa na aula matinal, no comedor ou nalgunhas das extraescolares e para estes periodos é polo que se contrata este seguro obrigatorio. Este póliza é ampliable e a nome de cada neno/a, por iso, cando unha nova familia faise socia da ANPA e paga o seguro escolar  a ANPA envía os seus datos á aseguradora para a súa cobertura.  Este seguro é de carácter anual e o importe é de 7,50 euros.

domingo, 23 de novembro de 2014

CHARLA NO COLEXIO: NORMAS E LÍMITES

Organizada polo Concello e a Xunta de Galicia, o luns 24 de novembro de 16 a 17:30 horas, vaise celebrar una charla con título "Normas e Límites", dirixida ás familias do alumnado.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O vindeiro martes 25 de novembro celebraranse no colexio as votacións dos país e nais do alumnado para renovar a 1 integrante do Consello Escolar en representación dos país e nais.
A candidata é Dª Marta Loureiro Simón (nai dun neno de 4 anos, de 5º de Infantil)
Animámosvos a participar para amosar o noso interese como país e nais de alumnos do Colexio.
A mesa electoral estará na secretaría do centro.
O horario para poder votar é:
9- 10
13-14:15
15:30- 17.00

2º CONCURSO DE DEBUXO E E PINTURA A PROL DA LACTANCIA MATERNA

Animamos aos nenos e nenas do cole a participar neste concurso organizado polo Hospital de Fátima de Vigo.
Podedes deixar os traballos dos vosos peques no local da ANPA e nos encargaremos de levalos todos xuntos.
Pódese empregar calquera técnica (rotus, témperas, ceras...).
A temática é a lactancia materna (mamíferos, o acto de amamantar...).
Hai que levalos antes do 5 de decembro así que nos esperedes ao último día para entregalos na Anpa, que trataremos de levalos un par de días antes.

No reverso de cada debuxo hai que escribir:
nome
data de nacemento
teléfono
correo electrónico dalgún pai, nai ou titor
población

Os nenos poden presentar máis de un debuxo pero só optarán a un premio.
Os traballos serán expostos do 23 de decembro ao 9 de xaneiro.
A entrega de premios farase o 18 de decembro nun acto presentado polo payaso Popín.
Os premiados serán avisados telefónicamente.

Haberá tres premios por categoría (poden participar tanto infantil coma primaria):
- nacidos entre o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2004
- nacidos entre o 1 de xaneiro de 2005 ata o 31 de decembro de 2007
- nacidos entre o 1 de xaneiro de 2008 ata o 31 de decembro de 2010
- nacidos despois do 1 de xaneiro de 2011

Se os peques necesitan inspiración poden botar un ollo aquí e aquí

8º CONCURSO DE PINTURA DE VIGOLANDIA

REMITÍMOVOS UNHA INFORMACIÓN ACHEGADA AO COLE E INVITÁMOSVOS A PARTICIPAR COS NENOS E NENAS. PODEDES DEIXAR OS DEBUXOS DOS VOSOS PEQUES NO LOCAL DA ANPA E NOS OS LEVAREMOS.
 
Vigolandia, o parque de ocio familiar de Nadal que cada ano celebrase no IFEVI. Vigolandia distingue un debuxo de cada colexio participante.
O tema deste ano será "actividades o acciones que farían un mundo mellor". Este debuxo rematará cunha frase ou título elexido por cada neno  e nena.
Para alumnos/as de primaria, de 6 a 12 anos.
Só pode presentarse un debuxo por neno.
O debuxo presentarase en tamaño dinA4, o tamaño normal dos folios.
As técnicas a utilizar poderán ser témperas, acuarela, lapis de cores, ceras ou rotuladores.

Non pegar volúmenes nos debuxos.

Ao dorso do dibuxo figurarán os seguintes datos(elimínanse os debuxos sen estes datos):
- NOME E APELIDOS DO ALUMNO

-CURSO E IDADE DO ALUMNO

-NOME DO COLEXIO AO QUE PERTENCE O ALUMNO

Hai que entregalos antes do xoves 18 de decembro asi que uns días antes os levaremos, non esperedes ao último día. O luns 15 sería una boa data límite.

VIGOLANDIA enviará a cada colexio participante un minimo dunha invitación por alumno presentado.
Todos os debuxos participantes estarán expostos durante a celebración de VIGOLANDIA, isto é, dende o día 26 ao día 30 de decembro de 2014.
Os debuxos distinguidos comunicaránse a cada responsable unha vez celebrado o evento.
Os nenos/nenas distinguidos/as do concurso, ceden á organización de VIGOLANDIA os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública do traballo.
 

luns, 17 de novembro de 2014

OBRADOIRO DE JUMPING CLAY NOVEMBRO


Dende a Anpa do Ceip Valle Inclán vos informamos da realización dun taller no colexio o MARTES 25 E MÉRCORES 26 de novembro de Jumping Clay, de 16:30 a 17:30 (os nenos/as que se anotan e que sexan de comedor quedarán en todo momento baixo a supervisión de membros da ANPA tamén das 16 ás 16:30). Os nenos/as farán un imán cunha figura de outono. Será impartido por monitores/as de Jumping Clay Vigo e o prezo con todo o material incluído é de 4 euros. Poderán anotarse os nenos/as de todos os cursos e que sexan de familias socias da ANPA. Para anotarse hai que entregar a folla cuberta cos datos e facer o pago á ANPA. Data límite para anotarse: luns 24. Plazas limitadas.


----------------------------------------------------------------

Obradoiro Jumping Clay NOVEMBRO

NOME_________________________________

Curso_________________
DÍA: MARTES OU MÉRCORES 
     
Sinatura nai/pai/titor legal:

OBRADOIROS DE IMPROVISACIÓN TEATRAL PARA RAPACES MAIORES DE 6 ANOS




XORNADAS TDAH NO VERBUM


mércores, 12 de novembro de 2014

LOTARÍA DE NADAL DA ANPA DO CEIP VALLE INCLÁN


XA TENDES NO LOCAL DA ANPA PARTICIPACIÓNS DA LOTARÍA DE NADAL. SE VOS INTERESA, ATA O PRÓXIMO VENRES 21 DE NOVEMBRO, TENDES RESERVADA 5 EUROS POR FAMILIA. A PARTIR DESE DÍA POÑERASE A VENDA LIBRE PARA QUEN A QUEIRA. ANIMAMOS A OS PAIS, O CLAUSTRO DE MESTRES, E A TODO O PERSOAL QUE TRABALLA NO COLE A PARTICIPAR. AS PARTICIPACIÓNS SON DE 2, 50 EUROS, CON 0, 50 DE DONATIVO QUE A ANPA INVERTIRÁ NA EXCURSIÓN  E NA FESTA DE FIN DE CURSO.
A VER SE TEMOS SORTE E NOS LEVAMOS UNHA ALEGRÍA!!!

OBRADOIRO DE CUPCAKES MÉRCORES 12 NOVEMBRO

PERO QUE GUAPIÑOS ESTADES CO MANDILÓN!!! E QUE XEITIÑO LLE POÑEN PARA A REPOSTERIA!!! MOI BO TRABALLO PEQUES!!!
AQUÍ VOS POÑEMOS UNHAS FOTOS. PODEDES VER MAIS NO FACEBOOK DE ANA, A MONITORA:

https://www.facebook.com/pages/Valentina-Ideas-Dulces/302075196669733?fref=ts
































martes, 11 de novembro de 2014

TALLER DE CUPCAKES. MARTES 11 DE NOVEMBRO.

O ANSIADO SEGUNDO OBRADOIRO DE REPOSTERIA DE ANA, DE " VALENTINA IDEAS DULCES" E QUE ADEMÁIS FIXO UNHAS FOTOS CHULÍSIMAS AOS PEQUES. GRACIAS!!!
ESTA VEZ OS PEQUES DECORARON UNS CUPCAKES ANIMAIS.
E ADEMÁIS XA NOS DIXERON QUE APARTE DE BONITOS ESTÁN MOI RICOS!
BO TRABALLO RAPACES!

https://www.facebook.com/pages/Valentina-Ideas-Dulces/302075196669733?fref=ts