mércores, 21 de xaneiro de 2015

OBRADOIRO DE REPOSTERIA EN FEBREIRO

MARTES 10 E MÉRCORES 11 DE FEBREIRO: Obradoiro de repostería creativa, dúas galletas e dous cupcakes, coa temática de San Valentín . Plazas limitadas, 15 nenos/as cada día. Plazo para anotarse o  venres 6 de febreiro. Prezo: 7 euros. Para todos os cursos. De 16 a 17:30.

https://www.facebook.com/pages/Valentina-Ideas-Dulces/302075196669733?fref=ts

            

RESULTADO DA VOTACIÓN NA ASAMBLEA EXTRAORDINARIA DO MÉRCORES 21 DE XANEIRO

Dende fai anos a Federación Olívica de ANPAS (FOANPAS) á que pertencemos, ven reclamando da Xunta a asunción da administración e xestión de todos os comedores escolares dos colexios públicos da cidade de Vigo. No Decreto de Comedores de 2013 a Xunta comprometeuse a asumir a xestión dos mesmos de forma progresiva, pero sen concretar prazos.
Nos dous últimos anos houbo varios intentos de tomar como medida de presión o ABANDONO da xestión das anpas en bloque. A Federación quere tomar unha DETERMINACIÓN neste tema, facendo unha VOTACIÓN VINCULANTE na que as anpas decidiremos se queremos seguir ou non coa xestión dos nosos comedores para o próximo curso 2015/2016.
Por iso convocamos esta asamblea, para tomar unha decisión, cun resultado tamén vinculante, que será levado como postura do noso colexio á federación.
O resultado das votacións dos asistentes  á asamblea foi, por maioría, de continuar coa xestión do comedor por parte da ANPA e non ceder a mesma á Xunta.
Aproveitamos a ocasión para denunciar a deixadez da Administración, que aprópiase do tempo e boa vontade dos pais e nais dos alumnos e alumnas para conseguir unha xestión totalmente gratuíta, quitándonos tempo e esforzos para a procura de outro tipo de actividades para os nosos nenos/as. 

 

Manifesto de Foanpas da concentración do 16-1-2015

xoves, 15 de xaneiro de 2015

ASAMBLEA EXTRAORDINARIA


Estimadas familias:

Convocámosvos a unha Asamblea Extraordinaria para o vindeiro mércores 21 de xaneiro de 2015, ás 16 horas coa seguinte orde do día:

1.       Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2.       Información aos pais e nais do dito na asamblea de Foanpas do mércores 14 de xaneiro, relativa aos comedores escolares de cara ao próximo curso.

3.       Votación da postura da Anpa do Ceip Valle Inclán para a próxima asamblea de Foanpas.

4.       Outros asuntos.

5.       Rogos e preguntas.

Rogamos a asistencia de todas as familias debido a importancia da temática a tratar.

                                                                                                                             A Xunta Directiva da ANPA.

CURSO DE FOANPAS PARA PAIS E NAIS DAS ANPAS

CONCENTRACIÓN CONVOCADA POR FOANPAS


Convócanos a unha concentración na Porta do Sol baixo o lema “COME E CALA”  este venres 16 de xaneiro de 2015 ás 20.00 horas.

A finalidade é propulsar un novo decreto de comedores, facernos escoitar, que a Consellería adquira o compromiso de dar resposta ás nosas reclamacións. No noso caso, como comedor xestionado pola ANPA, denunciamos que  cada vez asumimos máis e máis responsabilidades que non nos competen. Ademáis, seguimos insistindo na necesidade da mellora da calidade da comida servida e na competencia profesional do persoal coidador.

domingo, 11 de xaneiro de 2015

AVISO IMPORTANTE: 2º CUATRIMESTRE NATACIÓN

NESTE MES, ANTES DO DÍA 26 DE XANEIRO, TENDES QUE REALIZAR O PAGO PARA O SEGUNDO CUATRIMESTRE DE NATACIÓN: FEBREIRO, MARZO, ABRIL E MAIO.
 
A ANPA TEN QUE INFORMAR Á PISCINA DOS NENOS/AS QUE VAN SEGUIR COA ACTIVIDADE NESTE 2º CUATRIMESTRE, ASÍ POIS, SE ALGÚN NENO OU NENA NON VAI SEGUIR TEDES QUE AVISARNOS PARA BORRALO.O PREZO DA ACTIVIDADE É DE 29,60 EUROS.
 
INFORMARVOS DA POSIBILIDADE DE FACER NOVAS ALTAS, XA QUE HAI PRAZAS LIBRES, TANTO PARA O LUNS COMO PARA O XOVES. RECORDADE QUE SE REALIZA NA PISCINA DE LAVADORES EN HORARIO DE 16 A 16.45. OS NENOS/AS TEÑEN QUE IR POLA SÚA CONTA ACOMPAÑADOS DUN ADULTO/A. É UNHA ACTIVIDADE PREVISTA PARA NENOS DE INFANTIL E PRIMARIA. PARA ANOTAR A ALGÚN NENO OU NENA NOVO /A PARA O 2º CUATRIMESTRE, PASADE POLO LOCAL DA ANPA ANTES DO 26 DE XANEIRO.

AQUÍ TENDES MÁIS INFORMACIÓN DAS NORMAS ENVIADAS POLO CONCELLO.

Se o ingreso no estivese feito antes de ese día, procederiamos automaticamente a dar de baixa ao alumno/a.