venres, 27 de febreiro de 2015

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO COLEXIO







CHARLA NO COLEXIO PARA PAIS E NAIS

LUNS 2 DE MARZO
DE 16 A 17:30
LUGAR : NO COLE
TÍTULO:AUTOESTIMA"
OBXECTIVOS:
  • TOMAR CONCIENCIA DA IMPORTANCIA DE QUE OS NOSOS FILLOS/AS TEÑAN UNHA BOA AUTOESTIMA
  • REFLEXIONAR SOBRE OS SENTIMENTOS QUE CONFORMAN A IMAXE PERSOAL DOS NENOS E NENAS
  • AXUDAR A OS NOSOS FILLOS/AS A MELLORAR A SÚA AUTOESTIMA

martes, 24 de febreiro de 2015

AVISOS E NOVAS DO SERVIZO DE COMEDOR


Na reunión do equipo directivo do colexio coa directiva da ANPA decidiuse modificar o horario de recollida dos nenos/as do servizo de comedor que pasará a ser a partires do luns 2 de marzo, a partir das 15.30, hora tamén na que as monitoras de comedor abrirán o portalón que da acceso ao aparcamento. Antes desa hora, as 15:30,  non se entregarán nenos/as, agás por alguna circunstancia puntual e de forza maior.

Recordar tamén aos usuarios de comedor a necesidade de avisar á ANPA cando o neno/a non vai facer uso do comedor. Isto pode facerse o día anterior ou antes das 9 do mesmo día, chamando ao responsable do comedor da ANPA ( Jose, 636492977) ou avisando no local da ANPA, para así poder anular ese menú e non estar pagando menús innecesarios, ou o que é peor, estár tirando comida nestes momentos nos que moitas familias están a pasar serias dificultades.

Recordamos tamén que os becados de comedor teñen a obriga de asistir ao mesmo. As faltas de asistencia non xustificadas poden acarrear a pérdida da beca. Recordade que tanto a ANPA coma o colexio deben informar ao concello das faltas de asistencia.

Por outra banda, dispoñemos na Anpa dunha autorización na que os pais/nais /titores dos nenos/as  maiores que desexen que os alumno/a poda voltar só ou soa a casa, sen a recollida por un adulto, tanto na saída do comedor como das actividades extraescolares, deberán ter asinada. Sen esta autorización, válida para o curso presente, 2014 /2015, non se deixará saír a ningún neno/a sen a recollida por un adulto.

Recordar tamén que no “Reglamento de Réxime Interno” do Colexio, aprobado polo Consello Escolar,  contémplase a necesidade de cumprir coas normas de convivencia no comedor, polo que as conductas non acordes a este (pelexas, faltas de respeto, desperfectos…) poderán ser obxecto de reprimendas, que segundo a súa gravidade poden conlevar nos casos graves ou repetitivos, a expulsión do servizo de comedor.

OBRADOIRO DE JUMPING CLAY DE MARZO.


Dende a Anpa do Ceip Valle Inclán vos informamos da realización dun taller no colexio o MARTES 3 E MÉRCORES 4 de marzo de Jumping Clay, de 16:30 a 17:30 (os nenos/as que se anotan e que sexan de comedor quedarán en todo momento baixo a supervisión de membros da ANPA tamén das 16 ás 16:30, como xa se fixo nos anteriores). Será impartido por monitores/as de Jumping Clay Vigo e o prezo con todo o material incluído é de 4 euros. Poderán anotarse os nenos/as de todos os cursos e que sexan de familias socias da ANPA. Para asistir podedes anotar aos nenos/as e facer o pago á ANPA no seu local. 

sábado, 14 de febreiro de 2015

OBRADOIRO DE CUPCAKES DO MÉRCORES 11 DE FEBREIRO

NO COMEDOR DO COLE A ANPA ORGANIZOU POLA TARDE, UN OBRADOIRO DE CUPCAKES, O MARTES E MÉRCORES 10 E 11 DE FEBREIRO, COA TEMÁTICA DE SAN VALENTÍN. VOS POÑEMOS UNHAS FOTOS DO MÉRCORES, DEUSE A MALA COINCIDENCIA DE QUE O MARTES NINGUÉN FIXO FOTOS.
O OBRADOIRO FOI IMPARTIDO POR ANA, DE VALENTINA IDEAS DULCES






























xoves, 5 de febreiro de 2015