xoves, 30 de abril de 2015

O LUNS 4 DE MAIO NON É LECTIVO

Vos recordamos que o luns 4 de Maio non haberá clase asi que os nenos/as non volverán á escola ata o martes.
Que disfrutedes uns bos días en familia!

luns, 27 de abril de 2015

EXPOSICIÓN DO PROXECTO "OS NOSOS MAIORES"

Un papá do cole fixo estas fotos tan chulas que queremos compartir convosvo. Dirixido en especial para aqueles pais, nais, avoas e avós que non poidan ir a ver, pola razón que sexa, a exposición que o colexio preparou coa axuda das aportacións das familias dentro do proxecto que se está a levar dos nosos maiores. Grazas aos mestres que con tanto agarimo prepararon todo e por suposto aos que aportastes todos estes trebellos!. A verdade é que quedou xenial! Lembrade que está ubicada no faladoiro-ludoteca ata o 30 de abril, este xoves, así que aproveitade se tedes ocasión. Horario de apertura: de 9 a 9,30,e  de 13,30 a 13,50 todos os días. Ademais o martes tamén abrirán de 16 a 17 horas.

Click to play this Smilebox slideshow

 
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own digital slideshow

sábado, 25 de abril de 2015

MULTIDEPORTE. XOVES 23 DE ABRIL.

Esta semana non está a monitora María que anda coa selección galega de fútbol e no seu lugar viu Sara. Os peques, coma xa ven sendo habitual, o pasaron xenial nesta clase que mestura diversión, xogos, coordinación, destreza...
Ademáis nesta sesión contaron coa axuda de Blanca,de 5º,  que quería compartir a actividade con máis pequenos do cole. Por certo que eles a adoran, non se cansa de xogar con eles!!!