martes, 29 de novembro de 2016

MARTES 29 DE NOVEMBRO. ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

MARTES 29 DE NOVEMBRO. Elección dos representantes de nais, pais ou titores legais, do alumnado ao Consello Escolar do noso colexio.
Poderedes votar de 9 a 9:30, presentando o voso D.N.I.

sábado, 26 de novembro de 2016

RECOLLIDA DE SINATURAS

O noso colexio dispón na actualidade de tres aulas de infantil e seis de primaria , pero no catálogo da Xunta só ten recoñecidas dous en Infantil, e cinco en Primaria, o que repercute negativamente na educación dos nosos fillos:
- moito profesorado non é definitivo, e cambia anualmente
- non mandan ao mestre de apoio de Infantil que nos debería corresponder

Solicitaremos una entrevista con Xefatura territorial para demandar a ese mestre de apoio en Infantil e o recoñecemento no catálogo da Xunta, dunha unidade máis, tanto en Infantil coma en Primaria.

NECESITAMOS A VOSA COLABORACIÓN. PASADE POLA ANPA PARA ASINAR A NOSA PETICIÓN ANTES DO DÍA 2/12/16.

BREVE RESUMO DA ASAMBLEA DO 21/11/2016

Aquí tendes un moi breve resumo dalgunhas cousas que se acordaron ou debatiron nesta asamblea.
COMEDOR:
- Os monitores/as de comedor van realizar partes de incidencias diariamente, informaranse dos mesmos ás familias e pasaranse á Dirección do centro para que tome as medidas oportunas, todo isto, co fin de mellorar a convivencia e reducir no posible as conductas contrarias á mesma.
- Vaise estudar a posibilidade de insonorizar a superficie do comedor no que se detecta un forte eco.
- Recórdadase que a recollida dos nenos/as non pode ser antes das 15 horas, por motivos organizativos.
- Comunicar sempre ás monitoras cando recolladas aos nenos/as do comedor.
- Recolléronse varias queixas de país e nais sobre o servizo que van ser atendidas.

EXTRAESCOLARES:
. Recolleuse unha incidencia que xa foi atendida.
- Proponse levar a cabo alguna actividade conxunta familias-nenos.
- Alábase a labor de María no servizo de matinal e nas súas extraescolares.

CENTRO
- A dirección transmítenos a intención de levar a cabo as accións pertinentes que considere, para mellorar a convivencia do centro polo que pide a colaboración da ANPA e de todas as familias para trasnmitirlle todas as incidencias detectadas. A directiva da Anpa amosa total colaboración e apoio co centro neste aspecto.
- Estase a realizar una recollida de sinaturas para solicitar á Administarción Educativa a necesidade dun mestre de apoio para Infantil.  Cloborade pasando pola Anpa para asinar.

OUTROS ASUNTOS
- A finais do presente curso, o actual presidente da Anpa , e a tesoreira, deixarán o seu cargo. Calquera nai ou pai que desexe formar parte da Anpa pode pasar polo local a interesarse polas xestións que se levan a cabo para facerse cargo delas. Animámosvos a participar para poder seguir a xestionar a Aula Matinal, o Comedor e as Extraescolares.

sábado, 19 de novembro de 2016

RECORDATORIO DE ASAMBLEA ESTE LUNS

ASAMBLEA LUNS 21 DE NOVEMBRO

Estimadas familias:

Convocámosvos a unha Asamblea Xeral Ordinaria para o vindeiro LUNS 21 DE NOVEMBRO, ás 16 horas coa seguinte orde do día:

1.     Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2.     Valoración do desenvolvemento do curso (matinal, extraescolares, comedor).
     3.     Outros asuntos

4.     Rogos e preguntas.

domingo, 6 de novembro de 2016

AULA MATINAL













MENÚ NOVEMBRO


ASAMBLEA LUNS 21 DE NOVEMBRO


Estimadas familias:

Convocámosvos a unha Asamblea Xeral Ordinaria para o vindeiro LUNS 21 DE NOVEMBRO, ás 16 horas coa seguinte orde do día:

1.     Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2.     Valoración do desenvolvemento do curso (matinal, extraescolares, comedor).
     3.     Outros asuntos

4.     Rogos e preguntas.


venres, 30 de setembro de 2016

INICIO DAS EXTRAESCOLARES

ESTE LUNS 3 DE OUTUBRO INÍCIANSE AS EXTRAESCOLARES.
LUNS: PISICNA E BAILE
MARTES: EDUCACIÓN EMOCIONAL
MÉRCORES: MULTIDEPORTE MAIORES
XOVES: PISICINA E MULTIDEPORTE PEQUENOS
(Non se fixo grupo de fútbol sala nin de axedrez)

luns, 12 de setembro de 2016

NOVA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: XADREZ

Atendendo á petición de varios alumnos e varios Mestres do centro, imos propoñer para este curso que acaba de arrancar unha nova actividade: xadrez. Vai dirixida, en principio,a alumnado de primaria. Será levada a cabo aos xoves no horario habitual de 16 a 17 horas e terá un custe de 13 euros ao mes.


EXTRAESCOLARES CURSO 2016/2017


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 16 / 17



(A data límite para anotarse é o XOVES 22 de setembro)



NATACIÓN. Dirixido ao alumnado de Infantil e Primaria. Realízase na piscina de Lavadores. Os nenos teñen que ir pola súa propia conta cun adulto. Luns ou xoves de 16 a 16:45. Prezo: 29,60 euros por cuatrimestre.(1º cuatrimestre:outubro, novembro , decembro e xaneiro. 2º cuatrimestre: febreiro, marzo, abril e maio)



BAILE MODERNO. Dirixido ao alumnado de Infantil e Primaria. Dous grupos, pequenos e maiores. Luns de 16 a 17 horas. Prezo: 15 euros / mes.  



FÚTBOL SALA. Dirixido ao alumnado de primaria. Martes de 16 a 17 horas. Prezo: 15 euros / mes.



EDUCACIÓN EMOCIONAL. Dirixido ao alumnado de Infantil e Primaria. Martes de 16 a 17 horas. Prezo: 15 euros / mes.



MULTIDEPORTE PRIMARIA. Dirixido ao alumnado de Primaria. Mércores de 16 a 17 horas. Prezo: 15 euros / mes.



MULTIDEPORTE INFANTIL Dirixido ao alumnado de Infantil. Xoves de 16 a 17 horas. Prezo: 15 euros / mes.



XADREZ. Dirixido ao alumnado de Primaria. Xoves de 16 a 17 horas. Prezo: 13 euros / mes


Os nenos poderán anotarse a todas as actividades que así o desexen. As actividades comezan en outubro.A data límite para anotarse é o XOVES 22 de setembro. Horario de atención da ANPA: de 9 a 9: 30. Podedes facer uso do buzón da ANPA, na primeira porta de entrada ao cole. O pago realízase nos primeiros días de cada mes no local da Anpa ou por TRANSFERENCIA, especificando no concepto o nome da actividade, mes e nome do alumno . Nº de conta: 0049 6191 52 2416027776. Se algún neno quere darse de baixa nalgunha actividade deberá avisar con antelación o mes anterior.






NOVA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR

Atendendo á petición dalgúns pais, este curso imos propoñer a actividade de Educación Emocional que no curso pasado nos presentaron. Terá lugar aos martes, de 16 a 17 horas e terá un custe de 15 euros ao mes.


domingo, 21 de agosto de 2016

CALENDARIO ESCOLAR 2016/2017

RECORDÁMOSVOS QUE AS CLASES PARA ESTE NOVO CURSO DARÁN COMEZO O LUNS 12 DE SETEMBRO. AQUÍ TENDES O CALENDARIO ESCOLAR PARA ESTE CURSO 2016/2017.
RECORDÁMOSVOS TAMÉN QUE DO 1 AO 11 DE SETEMBRO PODEDES ANOTAR AOS VOSOS FILLOS E FILLAS AO CAMPAMENTO DE VERÁN POLÁS MAÑÁS ORGANIZADO POR MARÍA, DE ENPÉ, CON POSIBILIDADE DE ENGADIR AULA MATINAL(MADRUGADORES) E TUPPER (PARA QUEDAR AO MEDIODÍA).