ANPA

A Asociación de Nais e País é unha entidade sen ánimo de lucro á que poden asociarse voluntariamente os pais e as nais que teñen fillos/as matriculados/as no Centro de Ensino de Infantil e Primaria Valle Inclán de Vigo.
A ANPA xestiona o servicio do comedor, a aula matinal e as actividades extraescolares, e tamén  organiza e colabora  con distintas celebracións: Magosto, Nadal, Festa Fin de curso, excursións, xornadas de convivencia...

  
PARA QUE SERVE SER SOCIO DO ANPA:

 ► Porque é necesario para inscribirse nas actividades e servizos xestionados pola Anpa: actividades extraescolares, aula matinal ou comedor por exemplo.
► Porque a ANPA somos todos/as, pais e nais que xuntando forzas contribuímos ao enriquecimento e mellora da educación dos nosos fillos e fillas.

COMO PODO FACERME SOCIO

Hai que inscribirse no local da ANPA , cubrindo una ficha e pagar a cuota anual de socio/a (15€ por unidade familiar)
Tamén dispoñemos dun seguro de  accidentes no caso de asistir a actividades extraescolares, comedor ou aula matinal (6,50 € por alumna/o para todo o curso) .
Poden pagarse na oficina da ANPA ou a través do banco, tanto nas oficinas coma on line cunha transferencia bancaria.  
Nº Conta ANPA para realizar ambos ingresos:
  “Banco de Santander” 
0049 6191 52 2416027776
(indicar o nome do/a alumno/a e concepto do pago , por exemplo, Noa López ANPA e seguro)

COMO PODO COLABORAR

Realizando “gardas” no local da ANPA ás horas nas que se desenvolven actividades extraescolares.
Aportando ideas, iniciativas, suxestións...
Asistindo ás reunións propostas pola ANPA.
Participando nas diferentes propostas da ANPA, por exemplo, na festa de fin de curso.
Todos os que aquí estamos, traballamos de forma voluntaria e por iso, todas as aportacións, colaboracións e propostas son importantes e benvidas.

CARGOS NA ANPA ACTUAL
►   Xunta Directiva:
Presidente: Marcos Pereira Lobariñas
Vicepresidente: Fátima Fernández Longa
Secretaria: Giovanna Davila González
Tesoureiro: Gemma Pereira Álvarez
Vogais: Natalia Caride Pérez
             María Mosteiro Pérez
             Jose Silva Camiña
Responsable de Comedor: Marcos Pereira Lobariñas
Representante da ANPA no Consello Escolar: María Mosteiro Pérez




Ningún comentario:

Publicar un comentario