COMEDOR

O comedor do Ceip Valle Inclán de Vigo, está xestionado pola ANPA e conta cun servicio de catering.

Horario: de 14 a 16 horas.

Pódese asistir ao comedor todos os días da semana, días soltos con carácter fixo ou  de xeito puntual.

É posible solicitar unha beca á Concellería de Benestar Social  do Concello.
Para anotarse hai que inscribirse no local da ANPA. Ao comezo do servizo, pagarase a cuota por adiantado antes do día 5 de cada mes.

No caso de días eventuais poderán abonarse ao contado no local da ANPA. Podedes usar tamén o buzón da ANPA, sempre usndo un sobre e indicando nome do neno/a e o concepto do pago.

Para inscribirse no comedor é necesario ser socio/a da Anpa estar ao corrente de pago nas cuotas de socio/a e do seguro de accidentes. 
Mensualmente entregaráselle unha copia do menú aos/ás usuarios/as do comedor. Existen menús especiais para dietas, alerxias, intolerancias... que deberán ser solicitados con antelación.

 Se queredes que o neno ou nena volte para casa solo, sen que veña a recollelo algún adulto hai que asinar una autorización. Tamén hai que avisar e autorizar ás persoas que veñan recoller ao alumno/a. De non ter autorización, non se pode deixar marchar aos nenos.

Se algún día un alumno ou alumna do servizo do comedor non vai quedar a comer avisades a o encargado do comedor da ANPA, Marcos, (618888341), antes da 9 da mañá, para así poder avisar a empresa de cátering a anular ese menú. Avisar tamén para o uso esporádico dalgún alumno ou alumna para encargar o seu menú.

Prezos por mes do servizo de comedor :

(para os nenos fixos)

5 días ..........55 Euros
4 días ..........46 Euros
3 días ..........36 Euros
2 días ..........26 Euros
1 día  .......... 15 Euros

Uso esporádico = 5 euros



Ningún comentario:

Publicar un comentario